Son moitas as iniciativas que xurdiron últimamente por parte de influencers para facer a corentena máis amena. Nas redes sociais poden verse concertos solidarios, lectura de libros e poesía, clases de diferentes disciplinas deportivas, tutoriais de maquillaxe baseados en produtos do supermercado e videoblogs diarios onde, este tipo de personaxes públicos contan o seu día a día.
Todo isto axuda a estar entretidos, xa que ás veces, nunha situación como a que estamos a vivir pode que as horas se fagan eternas. Desde cando dúas horas parecen tres séculos? Os testimonios doutras personas poden servir para non caer na monotonía e que o tempo pase, na medida do posible, voando.
Unha das que nos mostra como está a vivir esta corentena é a youtuber pontevedresa Natalia Maquieira, que cada día sube a Pasoapasovlog unha entrada diaria a YouTube sobre a súa rutina. Aínda que os días poden parecer iguais, non é o mesmo facer todo dentro da casa que fora. Esta youtuber, bloguera e instagrammer asegura que é moi importante seguir algúns pasos imprescindibles para non sentirnos encerrados. Por exemplo, ela vístese como se fose a saír á rúa, maquíllase e fai exercicio co seu marido, todo isto, gravado para que os seus espectadores collan ideas e poidan entreterse durante estes días tan difíciles.
Mais que influencers, poderíamos chamalas salvadoras. Outra delas é a viguesa Alexandra Pereira, que mantén o seu instagram de beleza e lifestyle con tips para pasar a corentena e como sobrelevar os días sen poder saír á rúa. Coincide en que é moi importante manterse activa e seguir todas as rutinas que levábamos a cabo cando podíamos saír á rúa, así como manter unha boa hixiene e quitarnos o pixama.
Por outra banda, o compostelán Michael Chenlo, comparte no seu instagram vídeos de Instagram TV con situacións cómicas que xorden debido o coronavirus. Utilizar o humor é o que mellor se lle da e por iso sube estes vídeos cortos para animar este confinamento.