Chegamos a unha nova entrega de"A cociña gourmet en conserva" da man de Conservas Pescamar cunha deliciosa receita de hummus. Un prato típico de Oriente Próximo, no que imos aproveitar todos os beneficios dun dos peixes máis exquisitos e demandados: o bonito do norte.
O bonito do norte é un peixe azul rico en graxa saudable, xa que contén unha gran cantidade de ácidos graxos poliinsaturados. A esta calidade, hai que engadir os beneficios da súa presentación en aceite de oliva.
Para preparar este saboroso Hummus de chícharos con bonito do norte Pescamarnecesitamos os seguintes ingredientes (para catro persoas):
- 1 lata de bonito do norte en aceite de oliva Pescamar
- 400 g de chícharos frescos ou conxelados
- 2 culleradas de pasta de sésamo (tahini)
- 2 dentes de allo
- Zume de 1 limón
- Auga
- Sal
- Pemento
- Comiño moído
- Pementa negra
- Follas de albáfega ou menta
- Pan de pita ou pan do día anterior torrado
Preparación:
Cocemos os chícharos durante 4 minutos en auga fervendo con sal. Retiramos e reservamos a auga.
Pasamos os chícharos polo pasador de puré. Colocámolos nun bol, onde trituramos os demais ingredientes (agás o bonito e o pan) mentres engadimos aos poucos auga da cocción ata conseguir a textura dunha pasta espesa.
Á parte, reservamos o aceite da lata. Esmiuzamos o bonito do norte en aceite de oliva Pescamar e machucámolo. Incorporámolo á mestura anterior e remexemos ben mentres imos rectificando co aceite de oliva da lata ata que a textura sexa cremosa.
Para servir, colocamos o hummus nun bol e poñemos pan de pita ou pan do día anterior tostado como acompañamento.
En dúas semanas, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva"deConservas Pescamar.