O persoal de Conservas Cuca teme que hoxe sexa o último día de traballo na factoría de Vilaxoán tras ter constancia que a firma pretende trasladar parte da produción a fabríca de Boiro, segundo informou María Josefa Mariño, secretaria do comité de empresa.
As traballadoras solicitaron que se aprace o ERE que pretende levar a cabo a propietaria o Grupo Garavilla e hoxe contestaranlles "é un dia clave, pero loitaremos o que sexa necesario para evitar o peche, isto é un caos para todo o pobo e a comarca".
Tamén hoxe o xulgado Mercantil número 3 de Pontevedra, con sede en Vigo, celebra ás 10,00 horas a poxa da marca Miau e das fábricas de Ribadumia e Vilaxoán de Alfageme.
A única posibilidade da supervivencia da conserveira está en mans da Xunta.
Os bens terán un prezo de saída de 100.000 euros no que se refire á marca Miau, 300.000 a planta de Ribadumia e 500.000 a vilaxoanesa.
A incerteza é grande na comarca do Salnés debido ao futuro de Cuca e Alfageme, ambas as asentadas en Vilaxoán, aínda que esta ultima ten outra factoria en Ribadumia.