Hoxe a clase celébrase no Camiño de Santiago

Pontevedra
16 de outubro 2018

Todo o alumnado do CEIP de Ponte Sampaio participou este martes nunha actividade conxunta de convivencia e formación no exterior do centro escolar realizando un tramo do Camiño de Santiago que discorre polas inmediacións 

O alumnado de Ponte Sampaio percorre un tramo do Camiño de Santiago
O alumnado de Ponte Sampaio percorre un tramo do Camiño de Santiago / CEIP Ponte Sampaio

Todo o alumnado do CEIP de Ponte Sampaio participou este martes nunha actividade conxunta de convivencia e formación no exterior do centro escolar realizando un tramo do Camiño de Santiago que discorre polas inmediacións. 

O alumnado estivo acompañado polo equipo docente e percorreu distintas distancias en función da idade e necesidades específicas, gozando dun día de convivencia na que camiñaron, xogaron, merendaron, compartiron, dialogaron e falaron con moitos peregrinos.

Nas conversas cos peregrinos, os nenos investigaron sobre a súa procedencia xeográfica e fixeron outras actividades como fixarse nos distintos sinais que marcan o camino, estimar a distancia percorrida, falar cos hostaleiros do camino ou observar a flora da ruta.

A actividade, que se prolongou durante toda a mañá, enmárcase dentro das múltiples e variadas actividades que celebrará este ano o colexio, pois o proxecto anual do centro versa sobre o Camiño de Santiago.

Desde o centro escolar destacan que foi unha experiencia moi enriquecedora coa que gozaron alumnado e profesorado e unha primeira toma de contacto coa temática xacobea coa que traballarán a partir de agora nas aulas

A partir de agora, investigarán tanto nas clases como na casa sobre o Camiño de Santiago, un tema moi próximo al alumnado de Ponte Sampaio dada a proximidade dun tramo do Camiño Portugués ao centro educativo.