O Hospital Montecelo ten programada para este xoves 30 de xaneiro a primeira doazón de órganos con asistolia controlada da súa historia, é dicir, a corazón parado do paciente e non en morte encefálica, como é o prodecimiento que se realiza habitualmente.
O primeiro donante con este sistema nesta Área Sanitaria é un home de 72 anos.
Pontevedra conta cun protocolo de doazón tras unha morte circulatoria, máis coñecida coma doazón en asistolia controlada. Este protocolo xestiona desde febreiro do pasado ano 2024 nesta área de saúde as doazóns de órganos provenintes de pacientes con dano cerebral catastrófico, enfermidades neurodexenerativas, cardíacas ou respiratorias en fase terminal.
O coordinador da Oficina de Coordinación de Transplantes da Área Sanitaria, o doutor Jose Luís Martínez Melgar, subliñou que "nuestro equipo profesional asegura con dicho protocolo a transparencia, la información y la confidencialidad en este proceso".
A Oficina de Coordinación de Transplantes da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés xestionou durante o recén rematado ano 2024 a doazón dun total de nove órganos e dúas córneas rexistrados no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
Nesta Área Sanitaria foron detectados durante o ano pasado tres doadores reais, dun total de cinco doadores potenciais en morte cerebral, grazas aos cales se acadou a xestión da doazón destes órganos e tecidos.
O doutor Martínez Melgar deu conta destes datos este xoves nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polo xerente da Área Sanitaria, José Flores Arias e polo vindeiro coordinador desta unidade, o doutor Ignacio Cenoz Osinaga.
No que atinxe á recepción clínica destas doazóns multiorgánicas, o pasado ano 2024 a Oficina de Coordinación de Transplantes da Área Sanitaria xestionou, en concreto, as doazóns de dous pulmóns, un fígado, seis riles e as ditas dúas córneas.
O balance do pasado e 2024 revelou, así mesmo, que se deu unha única negativa familiar á doazón de órganos e ninguha contraindicación médica por causas clínicas e metabólicas. Neste sentido, o doutor Martínez Melgar sinalou que arredor do 90% dos doantes da área sanitaria pontevedresa son maiores de 75 anos, e que, no caso concreto das cifras do ano pasado, ningún puido selo de órganos torácicos.

CENOZ OSINAGA, NOVO COORDINADOR DA OFICINA
Ao longo dos vindeiros meses o doutor Ignacio Cenoz Osinaga asumirá a coordinación do equipo multidisciplinar profesional da Oficina de Coordinación de Transplantes da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, formado por máis de vinte especialistas do Complexo Hospitalario Universitario pontevedrés.
"No es que me jubile. Ni pienso, vamos" puntualizou o doutor Melgar que deixa esta responsabilidade por "cuestiones personales y profesionales" e porque "creo que he cumplido mi etapa y tiene que venir gente con otra perspectiva", dixo.