Homenaxe a 115 profesionais xubilados de centros sanitarios asistenciais da área

Pontevedra
03 de xullo 2024

A matrona Esperanza Barro e o médico de urxencias Emilio Arruti interviron nun acto celebrado no salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia onde se despedía a este persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, do Hospital do Salnés e de atención primaria. Ao evento asistía José Ramón Parada, xerente do Servizo Galego de Saúde

Acto de homenaxe a persoal xubilado da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés
Acto de homenaxe a persoal xubilado da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés /

En 2023 xubilábanse 115 profesionais do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, do Hospital do Salnés e dos centros de atención primaria da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.

Este mércores recibían unha homenaxe no edificio da Xunta de Galicia en Campolongo coa presenza de José Ramón Parada, xerente do Servizo Galego de Saúde, de José Flores, xerente da área sanitaria, e de Mercedes Castro, directora de Recursos Humanos.

Parada recoñeceu a profesionalidade deste persoal: "sodes un exemplo de que a sanidade pública galega ten no seu persoal o seu capital máis importante".

Agustín Reguera, delegado territorial da Xunta de Galicia, destacaba a importante influencia que os profesionais xubilados han mantido noutras xeracións.

Flores tamén agradeceu a dedicación e pedíalles que "non se afasten dunha institución da que sempre formarán parte".

En representación do colectivo homenaxeado interviñan Esperanza Barro, matrona, e Emilio Arruti, médico do servizo de urxencias.

Ambos lembraron vivencias durante a súa etapa nos centros da área sanitaria. Todos os homenaxeados recibiron unha tarxeta dourada que lles identifica como persoal xubilado da área.

A Coral Polifónica O Chopo finalizaba o acto cunha actuación para, a continuación, dar paso a unha foto de familia no exterior do edificio administrativo da Xunta.