Un home de 47 faleceu ao mediodía deste martes mentres realizaba tarefas forestais no monte de Aguasantas, en Cerdedo-Cotobade.
Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, a alerta chegou minutos despois das 12:30 horas por parte dun particular, que pedía axuda porque un home quedara inconsciente mentres realizaba labores no monte.
O home estaba subido a unha árbore, pero os seus compañeiros lograron baixalo ao chan. Unha vez que lograron baixalo, desplomouse.
O 112 Galicia solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviou o helicóptero medicalizado con base en Santiago.
Tamén se pasou a alerta á Garda Civil e aos voluntarios de Protección Civil de Cerdedo-Cotobade.
Xa no lugar, os membros de Protección Civil advertiron que a situación se complicou debido ao difícil acceso á zona. Foi necesario empregar medios adicionais para trasladar esta persoa ata os vehículos medicalizados.
A pesar dos esforzos realizados, o equipo sanitario só puido confirmar o falecemento do home.
Segundo a información facilitada pola Garda Civil, o falecido tiña 47 anos e era veciño de Viascón. Todo apunta a que se trata dunha morte natural.
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, confirma o falecemento deste veciño, que traballaba no sector da roza e o monte e sufriu un infarto.