Novo éxito da festa medieval pontevedresa nesta décimo sétima edición. Nunha xornada anticiclónica, milleiros de pontevedreses e de turistas percorreron as rúas do centro histórico e da súa contorna para participar das actividades e dos xantares nesta cita de recreación do século XV.
Os establecementos hosteleiros e restaurantes estiveron ateigados de clientes durante toda a xornada do sábado.