Hai Feira Franca en Pontevedra

Pontevedra
05 de setembro 2014

A astronomía chega á Pontevedra medieval⿦ veñen magos, frades, fastosas meigas, adiviñadores e profetas: has de vir? Están os mercaderes, está a música e os bailes, haberá xantares e ceas, porque hai Feira Franca na ilustre vila de Pontevedra. A Boa Vila que convida aos que veñen de lonxe, aos de fora do Burgo, xentes de ben de outras terras, cabaleiros, damas e campesiños, mariñeiros e labregos, inventa ti⿦ a historia é o que queda.

Público asistente ao espectáculo de inauguración da Feira Franca
Público asistente ao espectáculo de inauguración da Feira Franca / PontevedraViva

Un espectáculo musical, teatral e circense na Ferrería inaugurou o venres a Feira Franca de Pontevedra.

Foi o arranque da décimo quinta edición desta festa de interese turístico de Galicia cun espectáculo especificamente deseñado para a ocasión e no que participaron 25 actores e tres compañías diferentes. Unha proposta moi espectacular.

ANIMACIÿN NAS RÿAS

Un mínimo de 26 asociacións e entidades participarán na Feira Franca con música e danza medieval, exhibicións de esgrima e tiro con arco, de cetraría, confección de papel vexetal, talleres de escritura medieval, torneos medievais, talleres de astronomía, e moita animación de rúa con teatro, música, cantares de cego, cantigas de Alfonso X, entre outras son as ofertas para esta edición.

DISPOSITIVO DE SEGURIDADE

A Policía Local e o Concello de Pontevedra organizaron, un ano máis, un dispositivo especial de tráfico co fin de minimizar os inconvenientes que poden chegar a xerar a Feira Franca e o importante tránsito de persoas e vehículos que invaden toda a cidade, especialmente nas entradas e saídas. Como vén sendo habitual, integrará a Policía Local, Protección Civil, Bombeiros e voluntarios.

Ante a hipótese dunha presenza masiva de persoas e vehículos, o Concello solicita a colaboración cidadá á vez que fai un chamamento ás persoas que chegan dende fóra da cidade a que usen os aparcadoiros disuasorios situados nas zonas de Mollabao, Corvaceiras, o Pavillón de Deportes, Pasarón e a explanada do Recinto Feiral e aos veciños do centro a que reduzan o uso do vehículo particular ao mínimo imprescindible, así como o acceso á cidade a través da autoestrada AP-9.

O operativo de tráfico leva consigo unha serie de medidas como a restrición de aparcadoiros en determinadas rúas e cortes de tráfico, polo que se solicita o máximo respecto á sinalización provisional nos espazos afectados.

250 COMIDAS NA RÿA

No rexistro da oficina da festa contabilizáronse 250 solicitudes para participar en comidas e ceas na rúa por parte de asociacións e particulares.

Ademais, recibíronse unhas 140 peticións para hostalaría. Un número importante, segundo o goberno municipal, porque calquera bar ou restaurante do centro histórico que queira poñer terraza ese día ten que pedir permiso expreso para el ou no seu lugar pódese conceder a outra persoa". Os permisos complétanse coas 130 solicitudes para participar no mercado.

Arquivado en