Hai 9 empresas interesadas no proxecto do novo centro de saúde de Vilagarcía

O Salnés
05 de maio 2022

O contrato, licitado por importe de 475.023 euros, consta dun prazo de 4 meses para entregar o proxecto básico e 5 meses para ultimar o proxecto de execución, unha vez que o proxecto básico sexa informado favorablemente

Alberto Varela e Julio García Comesaña
Alberto Varela e Julio García Comesaña / Xunta de Galicia

A Xunta recibiu 9 ofertas de empresas para a redacción de proxecto básico e de execución e dirección de obra do novo centro de saúde de Vilagarcía de Arousa.

O contrato, licitado por importe de 475.023 euros, consta dun prazo de 4 meses para entregar o proxecto básico e 5 meses para ultimar o proxecto de execución, unha vez que o proxecto básico sexa informado favorablemente.

O novo centro, cuxas obras se estima suporán un investimento de 10,21 millóns de euros, contará cunha superficie construída de máis de 5.000 metros cadrados e aumentará nun 55% a superficie do actual.

Esta intervención é froito da colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Concello, sendo a Consellería de Infraestruturas a encargada da súa execución.

O centro prevé 17 consultas de medicina xeral, 17 de enfermaría, 5 de pediatría e 5 de enfermería pediátrica ou 2 farmacia, matrona, odontoloxía ou fisioterapia, entre outras.

As instalacións forman parte das 15 actuacións previstas para a provincia de Pontevedra, dentro do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria aprobado en 2021.