Habilitan no aparcamento de Nauta un punto de recollida de axuda humanitaria a Ucraína

Sanxenxo
03 de marzo 2022

Sanxenxo súmase á onda solidaria con Ucraína habilitando a partir deste venres 4 de marzo un punto de recollida de axuda humanitaria no aparcamento de Nauta

Párking Nauta en Sanxenxo
Párking Nauta en Sanxenxo / Mónica Patxot

Sanxenxo súmase á onda solidaria con Ucraína habilitando a partir deste venres 4 de marzo un punto de recollida de axuda humanitaria no aparcamento de Nauta. 

As persoas que desexen colaborar poderán facelo durante as 24 horas do día produtos de primeira necesidade e alimentos que desde a comunidade ucraína están a demandarse.

O material almacenarase en caixas de cartón que facilitará a Mancomunidade do Salnés que se encargará tamén do desprazamento ata a sede da empresa Fundiciones Rey situada en Vilagarcía que se está encargando de levar o material ás fronteiras do país ucraíno.

A listaxe de produtos necesarios que se recollerán neste punto divídense en:

  • Medicamentos: Paracetamol, Ibuprofeno, Nolotil, Enantyum, Tramadol, Frenadol, Desenfriol, Angiodrox e Carbón Activo.
  • Material sanitario: Solucións de infusión (solucións físicas, aminocaprocanos, substitutos do sangue), material de sutura anestésica e hemostática, preferiblemente kits con agullas, esponxas gnemoestáticas (polo menos un par de pezas), sistemas de goteo, xiringas, toalliñas con alcol, algo para intubación (polo menos un xogo cunha bolsa de ambu), mantas térmicas, hamacas, maguito de isquemia, termómetros, pulsímetros, emplasto adhesivo e bolsas para médicos.
  • Outros materiais: Esterillas, sacos de durmir, mantas, lanternas, mochilas resistentes, cueiros para adultos, cargadores portátiles, alargadores e móbiles usados.
  • Alimentos: Potitos, alimento infantil non perecedoiro e alimentos para adultos listos para abrir e comer.

 

Sanxenxo pon, tal e como se anunciou este luns na declaración institucional de apoio a Ucraína lida ao comezo do pleno extraordinario, todos os recursos para acoller cidadáns ucraínos, así como a axuda humanitaria que resulte necesaria.

Arquivado en