A final da Eurocopa que xogará España este domingo 14 de xullo, fronte a Inglaterra ou Países Baixos, poderá seguirse en Pontevedra a través dunha pantalla grande instalada na rúa.
A Deputación xa contactou co Concello para solicitar a súa autorización para instalar esta pantalla nun lugar do centro da cidade que permita aos afeccionados reunirse para seguir o encontro, que comezará ás nove da noite.
Esta iniciativa é similar á que o goberno provincial impulsou o pasado mes de maio na Avenida de Montero Ríos para seguir o encontro de ida da final polo ascenso a Primeira Federación entre o Pontevedra e o filial do Real Betis.
Tamén Marín instalará unha pantalla grande para poder ver o próximo domingo da final da Eurocopa, para a que se clasificou a Selección Española por quinta vez na súa historia deportiva.
Aproveitando a instalación previa do escenario que albergará desde o venres distintas actividades das Festas do Carme, o Concello colocará na Alameda unha pantalla desde a que poder seguir este encontro.
Será antes de que arranque ás 23:00 horas o espectáculo musical da orquestra Panorama.
En Vilagarcía, pola súa banda, instalarase unha pantalla de dez metros cadrados na Praza da II República, fronte ás escaleiras do Auditorio Municipal.
A conexión iniciarase ás 20.30 horas.
En caso de choiva, toda a infraestrutura trasladarase á Praza da Peixeiría.