Haberá cortes de carrís en horario nocturno polas obras de mellora do firme entre A Barca e O Vao

Pontevedra
17 de abril 2024

Trátase da execución dunha reparación puntual de firme nesta estrada autonómica PO-531. Esta actuación conta cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros

As máquinas agardando na rotonda do Bao
As máquinas agardando na rotonda do Bao / PontevedraViva

A Xunta comeza as obras de mellora do firme na estrada PO-531 en Pontevedra, que farán necesario cortes de tráfico nocturnos desde este mércores.

Trátase da execución dunha reparación puntual de firme nesta estrada autonómica, entre a rotonda da Barca e a do Vao.

Esta actuación conta cun investimento de máis de 48.000 euros e está a desenvolverse estes días, dadas as axeitadas condicións meteorolóxicas.

Esta estrada rexistra unha importante intensidade de tráfico, polo que para reducir no posible as molestias, os traballos serán nocturnos, entre as 22:00 e as 08:00 horas con cortes parciais de carrís de circulación e durante unha semana.