Haberá acomodadores para controlar o aforo de Silgar

Sanxenxo
09 de maio 2020

O xefe provincial de Costas, Enrique Fernández Meléndez, visitou este venres Sanxenxo para coñecer "in situ" o plan de seguridade e control de aforo da praia de Silgar. O alcalde, Telmo Martín, e a concelleira de Planificación Territorial, María Deza, acompañaron ao responsable territorial ata a recreación do areal

O xefe provincial de Costas, Enrique Fernández Meléndez, visitou a praiade Silgar
O xefe provincial de Costas, Enrique Fernández Meléndez, visitou a praiade Silgar / Concello de Sanxenxo

O xefe provincial de Costas, Enrique Fernández Meléndez, visitou este venres Sanxenxo para coñecer "in situ" o plan de seguridade e control de aforo da praia de Silgar. O alcalde, Telmo Martín, e a concelleira de Planificación Territorial, María Deza, acompañaron ao responsable territorial ata a recreación do areal.

O rexedor explicoulle detalladamente a medida para garantir o distanciamento social nunha praia especialmente concorrida durante este verán con corredores de tránsito de seis, tres e ata oito metros.

"A medida non pode ser máis natural porque son estacas de madeira e corda. É un sistema moi respetuoso co medio ambiente", destacou o alcalde. A maiores da visita, o goberno remitirá o plano do proxecto cunha recreación en papel das 780 cuadrículas desenvolvidas ao longo de todo o litoral.

En todo caso, os concellos seguen pendentes do protocolo que se aplicará ás praias este verán Martín detallou ao xefe territorial que o plan contempla a figura de controladores ou acomodadores que facilitarán ás persoas que acudan ao areal a localización nas cuadrículas que estarán numeradas e diferenciadas por cores (vermello, azul, verde, laranxa e violeta).

"Temos previsto que haxa dúas persoas por entrada, unha arriba no paseo e outra na praia sobre todo ao principio mentras as persoas que acudan ao areal non coñezan o sistema", explica Martín.

O goberno local que prevé aplicar este modelo a outras praias urbanas como Panadeira ou Caneliñas, urbanas e moi concorridas durante o verán.