Guttemberg, Galileo Galilei ou Leonardo da Vinci motivarán aos pequenos inventores da Feira Franca

Pontevedra
28 de xuño 2013

ÿ o obxectivo que se marcan os catro obradoiros organizados polo Consello Aberto da Feira Franca. Trátase dunha iniciativa lúdica e educativa que se enmarca dentro da temática escollida para este ano: os inventos do século XV e XVI, "época dunha gran revolución científica e tecnolóxica", sinalou a concelleira de Festas, Carme da Silva

Carme da Silva e Eusebio Rivero na presentación dos obradoiros da Feira Franca
Carme da Silva e Eusebio Rivero na presentación dos obradoiros da Feira Franca / PontevedraViva

Que os nenos cheguen a pensar creativa e científicamente como os grandes inventores da época. ÿ o obxectivo que se marcan os catro obradoiros organizados polo Consello Aberto da Feira Franca. Trátase dunha iniciativa lúdica e educativa que se enmarca dentro da temática escollida para este ano: os inventos do século XV e XVI, "época dunha gran revolución científica e tecnolóxica", sinalou a concelleira de Festas, Carme da Silva.

Estes obradoiros, que estarán coordinados pola Asociación Fins, celebraranse os meses de xullo e agosto no Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA). "Cremos que é un escenario perfecto para ambientar estes obradoiros e así lle damos tamén uso ao espazo nos días que pecha ao público", explicou Carme da Silva, xa que se desenvolverán os luns e os martes, os días que non hai visitas guiadas.

Os catro obradoiros son os seguintes:

  • Os inventos de Guttemberg (8 e 9 de xullo): A imprenta como medio de expresión, a súa importancia como invento á hora de universalizar os textos escritos. Trátase dun invento, dixo a concelleira de Festas, que se inventou na época que se concedeu a Pontevedra a Feira Franca orixinal e que Galicia "foi unha das primeiras zonas ás que chegou".
  • Os inventos de Galileo Galilei (15, 16, 22 e 23 de xullo): Coñecerán a figura de Galileo Galilei e os seus inventos. Fabricarán os seus propios telescopios, termómetros, péndulos e maquetas da Terra virando ao redor do sol.
  • Os inventos de Leonardo da Vinci (29 e 30 de xullo e 5 e 6 de agosto): Achegaranse á figura deste xenio universal e símbolo do home do Renacemento e os seus innumerables inventos, precursores dos modernos carros de combate, helicópteros, paracaídas, aladelta, pontes ou submarinos. Ademais, estudarán as proporcións do corpo humano co home de Vitrurio.
  • Innovacións dos séculos XV e XVI (19, 20, 26 e 27 de agosto): Estará centrado nos inventos relacionados coa navegación: compás, as novas formas de comercial e con ela os cheques e letras de cambio, as diversas fórmulas para tinguir os téxtiles e as novas armas e formas de defensa. Os nenos e nenas elaborarán diferentes obxectos como compás, armas ou abalorios e experimentarán con variadas técnicas.

 

Segundo Eusebio Rivero, presidente da asociación Fins, "queremos facer uns obradoiros creativos e diferentes para que os nenos coñezan e deseñen os seus propios inventos". Inténtase que os mozos inventores desenvolvan a súa imaxinación e a súa creatividade e que se impliquen aínda máis na Feira Franca, especialmente co "fin de festa" que se preparou e desenvolverase o 7 de setembro.

Partindo do CITA e acompañados polos seus pais, os nenos iniciarán unha "procura do tesouro", seguindo unha serie de pistas que lles levarán por distintos puntos do Centro Histórico de Pontevedra. Cada pista terá un acertixo relacionado con algúns dos inventos nos que traballaron nos obradoiros e ao acertar daráselles a seguinte pista ata que dean co tesouro.

"Queremos que este ano sexan eles os que lles expliquen a Feira Franca aos seus pais", explicaron Carme da Silva e Eusebio Rivero. "Que se animen a servir como guías e mestres dos seus propios familiares e que a Feira Franca non sexa para eles un mero percorrido escaparate, que os nenos se preocupen esta vez de que son os pais os que nos se perdan nada da Feira Franca".

Os obradoiros, que son gratuitos, celebraranse entre as 10.00 e as 12.00 horas. Están limitados a 15 nenos e nenas de 5 a 12 anos. As inscripcións pódense realizar ata o 17 de xullo no teléfono 986 86 05 87. As prazas repartiranse por rigorosa orde de inscripción.

Arquivado en