Guiso de xoubas en aceite de oliva gourmet Pescamar

Pontevedra
12 de febreiro 2022

A sardiña é un peixe azul cun alto contido en graxas saudables e fonte de omega-3. Grazas a que as xoubas Pescamar se consomen coa súa fina espiña, tamén nos achegan un extra de calcio, concentrado nesta zona do peixe

Guiso de xoubas
Guiso de xoubas / Aziz Acharki en Unsplash

Nesta nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", que cada quince días nos ofrece Conservas Pescamar, imos preparar un prato sincelo e moi axeitado para os meses de inverno: un guiso de xoubas.

A sardiña é dun peixe azul cun alto contido en graxas saudables e fonte de omega-3. Grazas a que as xoubas Pescamar se consomen coa súa fina espiña, tamén nos achegan un extra de calcio, concentrado nesta zona do peixe. Outros nutrientes destacados son fósforo, magnesio, potasio, ferro, zinc e iodo, así como vitaminas, en especial as do grupo B, A, D e E.

Para preparar este delicioso Guiso de xoubas en aceite de oliva gourmet Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes:

-2 latas de xoubas en aceite de oliva gourmet Pescamar

- 4 patacas medianas

- Salsa de tomate

- 1 ovo

- 2 pementos verdes

 

Elaboración:

Pelamos as patacas e cortámolas en toros. Preparamos unha pota con auga fervendo e sal. Vertemos as patacas, baixamos o lume a temperatura media e cocemos durante 20 minutos. Aproveitamos para cocer tamén o ovo e, unha vez cocido, pelámolo e picámolo.

Mentres se fan as patacas, cortamos en tiras os pemenetos e pasámolos pola prancha cun chisco de aceite. Reservamos.

Á parte, elaboramos a salsa de tomate, vertendo sobre a cebola dourada nun pouco de aceite os tomates triturados, o allo e un pouco de sal. Para corrixir a acidez, pódese engadir un chisco de azucre. Deixamos a lume media ata que o mollo colla consistencia.

Colocamos as patacas cocidas sobre unha cazola de barro e cubrímolas cunha parte da salsa de tomate. Colocamos enriba as xoubas en aceite de oliva gourmet Pescamar. A continuación, engadimos o resto da salsa de tomate, o ovo picado e as tiras de pemento. Introducímola no forno, prequentado a 100º, uns minutos antes de servir.

En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.