Comezamos o ano gastronómico coa novena entrega de "A cociña gourmet en conserva", grazas á calidade dos mariscos en lata de Conservas PESCAMAR. Nesta ocasión, presentamos un guiso de polbo ao estilo tradicional, habitual na cociña da zona de Ferrolterra e coñecido tamén como "polbo á mugardesa".
O polbo en aceite de oliva PESCAMAR é unha boa opción para aquelas persoas que necesiten controlar o peso, xa que é baixo en graxas saturadas e contén poucas calorías. Como bo produto do mar, as súas proteínas son unha perfecta alternativa ás carnes vermellas. Mesmo se converte nun gran aliado para compensar estados carenciais de ferro.
Para preparar un delicioso guiso de polbo en aceite de oliva PESCAMAR necesitamos os seguintes ingredientes:
- 1 lata de polbo en aceite de oliva PESCAMAR
- 4 patacas pequenas
- 2 pementos (un vermello e outro verde)
- 1 cebola, dente de allo e folla de loureiro
- Sal e pementa
- 2 culleradas de tomate frito
- 1 cullerada de fariña
- Medio vaso de viño branco
- Aceite de oliva
Preparación:
Pelamos as patacas e cortámolas en toros. Poñémolas a ferver durante 15 minutos cun chisco de sal e apenas cubertas con auga.
Mentres, picamos a cebola, o allo e os pementos. Refogamos en aceite quente.
Cando estea pasada a verdura, engadimos o tomate frito e seguimos torrando.
Engadimos a este sofrito a cullerada de fariña, para espesar a salsa, removemos a mestura e vertemos o medio vaso de viño branco e parte do mollo da lata de polbo en aceite de oliva PESCAMAR. Se preferimos unha salsa máis lixeira, pódese rectificar cunha pouca auga.
A continuación, incorporamos as patacas fervidas e o polbo en aceite de oliva PESCAMAR. Remexemos suavemente a lume lento para que, tanto as patacas como o polbo, se impregnen coa salsa. Salpementamos a gusto.
Apagamos o lume, tapamos a cazola e deixamos repousar cinco minutos.
Este guiso pódese servir directamente da cazola ao prato. É unha boa opción para un menú familiar.
Nuns días, os produtos do mar de alta calidade serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas PESCAMAR.