Chegamos a unha nova entrega de"A cociña gourmet en conserva", coa calidade de sempre das Conservas Pescamar e un prato tradicional nas cociñas caseiras: o guisado de garavanzos e bacallau.
O bacallau é un peixe branco con múltiples propiedades. Destaca a súa achega en proteínas, superior á dalgunhas carnes. É un peixe moi axeitado para dietas de control de peso, por ser baixo en calorías e en graxas.
Para preparar un delicioso Guisado de garavanzos con bacallau Pescamar, necesitamos os seguintes ingredientes:
- 2 latas de Bacallau á biscaíña Pescamar
- 300 g. de garavanzos
- 2 cebolas medianas
- 2 dentes de allo
- 1 folla de loureiro
- 1 cullerada de pemento doce da Vera
- 1 cullerada de fariña
- Aceite de oliva
- Sal
- Auga
- 2 ovos cocidos
- Pan duro en rebandas (opcional)
Preparación:
A noite anterior poñeremos a remollo os garavanzos en auga tépeda durante polo menos 12 horas. Pasado ese tempo, nunha cacerola engadimos os garavanzos, xunto coa auga, unha cebola mediana en anacos, a folla de loureiro e dous dentes de allo. Cocemos durante 90 minutos.
A continuación, engadimos, previamente picado, o contido das latas de Bacallau á biscaíña Pescamar e parte da salsa, ao gusto.
Á parte, preparamos o sofrito. Para iso, nunha tixola engadimos o aceite de oliva e a outra cebola partida en anacos pequenos. Cando estea pochada, incorporamos a cullerada de fariña, sofritimos un pouco e a continuación incorporamos o pemento da Vera, con coidado para que non se pase e colla amargor. Envorcamos o sofrito sobre a cacerola e movemos con coidado. Rectificamos o sal. Deixamos cocer uns minutos máis o guiso a lume baixo ata que os garavanzos alcancen o seu punto.
Para servilo, adornamos o prato cos ovos cocidos picados. Tamén podemos acompañar cunhas rodas de pan duro fritidas en aceite.
En dúas semanas, farémosvos chegar unha nova suxestión culinaria de "A cociña gourmet en conserva", con Conservas Pescamar.