Guillermo Meijon pide no Congreso a inclusión da illa de Tambo no parque nacional das Illas Atlánticas

Poio
25 de novembro 2014

O deputado socialista traslada así ao Congreso unha iniciativa promovida polo concello de Poio e aprobada de forma unánime na Deputación. O deputado pontevedrés rexistrou no Congreso unha batería de iniciativas parlamentarias

Illa de Tambo
Illa de Tambo / Juan Mejuto

O deputado socialista por Pontevedra Guillermo Meijón rexistrou no Congreso unha batería de iniciativas parlamentarias coas que pide o Goberno que aclare "cal é a situación administrativa actual da Isla de Tambo, na ría de Pontevedra", e responda sobre "se o Ministerio de Defensa mantén a tutela sobre a illa de forma oficial".

Nese caso, se a tutela oficial corresponde ao Ministerio de Defensa, Meijón pide ao Goberno que explique "por que o Ministerio non exerce a devandita tutela na práctica" e "se existe un Plan, e cal, do Ministerio de Defensa para o futuro da illa".

O deputado socialista reprocha a Defensa "o abandono da illa de Tambo" e advírtelle dos "danos causados e os riscos existentes" pola falta de vixilancia e control sobre o patrimonio natural e cultural da illa.

Como solución, o deputado apunta nas súas iniciativas parlamentarias a posibilidade de que o Gobierno"establezca algún convenio de colaboración económica que, xunto coa axuda doutras administracións ou institucións públicas, puidese contribuír á recuperación patrimonial e ambiental da illa de Tambo, así como ao seu mantemento en condicións de optar a incluíla no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia".

Deste modo, Meijón traslada ao Congreso outra iniciativa promovida neste sentido polo concello de Poio e aprobada de forma unánime na Deputación de Pontevedra polos distintos grupos parlamentarios.

O deputado socialista destaca que se trata dunha illa de especial importancia dende o punto de vista ambiental, polo seu alto valor paisaxístico e ecolóxico e polas posibilidades que existen para realizar nela actividades de educación ambiental.

Así mesmo, destaca o seu valor como elemento de revitalización económica da zona polas posibilidades turísticas que ofrece, dado que a súa posición resgardada no medio da ría fai posible acceder a esta todos os días do ano.

"ÿ de todo incomprensible a desidia do Goberno respecto á protección do patrimonio natural e cultural", remarcou.

Ademais, reprocha "o desentendemento da Xunta de Galicia, que non reclama as actuacións necesarias para, polo menos, preservar todos os espazos que constitúen o rico patrimonio natural de Galicia.

Arquivado en