Guía para non perderse nada en FERVE: horarios e programación entre o 16 e o 18 de setembro

Pontevedra
09 de setembro 2022

O festival abrirao Baiuca o venres ás 22.00. O sábado, a sesión vermú estará amenizada por Guadi Galego ás 13.00 horas e haberá unha sesión nocturna con Marilia Monzón ás 22.00 e outra con La Banda de Late Motiv a partir das 23.15. O domingo, o protagonismo será para Xoel López ás 14.00 

Presentación en Pontevedra de FERVE Estrella Galicia
Presentación en Pontevedra de FERVE Estrella Galicia / Mónica Patxot

O festival FERVE xa está ao virar a esquina. Este evento que combina a cultura de cervexa, a gastronomía e a música cun carácter de romaría moderna  celebrará a súa primeira edición na Alameda de Pontevedra os días 16, 17 e 18 de setembro e acaba de publicar os horarios e programación completa

FERVE Estrela Galicia dá a mesma importancia á música, a cultura, a artesanía e a gastronomía e contará cun cartel de chefs e artistas que rivalizan en fama e talento. 

No apartado musical, todas as actuacións serán gratuítas e abertas ao público. 

O festival abrirao Baiuca o venres ás 22.00 horas

O sábado, a sesión vermú estará amenizada por Guadi Galego ás 13.00 horas e haberá unha sesión nocturna con Marilia Monzón ás 22.00 horas e unha actuación de madrugada, a de La Banda de Late Motiv a partir das 23.15 horas

O domingo, o protagonismo musical será para Xoel López. O artista actuará a partir das 14.00 horas. 

En canto á gastronomía, o evento contará coa presenza dun total de 27 chefs de renome capitaneados por Javi Olleros, do restaurante Culler de Pau (dúas Estrelas Michelin), Pepe Solla, de Casa Solla (unha Estrela Michelin) e Pepe Vieira, do restaurante Pepe Vieira (unha Estrela Michelin) como anfitrións.

O cartel de chefs complétano Yayo Daporta, Alejandra Herrador e Emanuel Carlucci, Lydia do Olmo e Xosé Magalhães, Vicky Sevilla, Iñaki Bretal, Iván Domínguez, Ignacio Echapresto, Xanty Elías, Diego Guerrero, Héctor López ou Juliano Valese. 

A programación inclúe as FERVE Talks, un conxunto de charlas moderadas pola xornalista Teresa Cuíñas que reunirán a cociñeiros e expertos doutras disciplinas para poñer sobre a mesa preguntas sobre o futuro, a sociedade e a sustentabilidade a través da cociña. 

Estas charlas, que estarán abertas ao público, precisan de previa inscrición na páxina web www.estrellagalicia.es/ferve

Serán: 'Gastro+Ciencia: Entender o valor do que comemos' o sábado 17 ás 11:30 horas; 'Comedores comunitarios: A revolución ecolóxica na cociña de colectividades' o sábado ás 19:30 horas; e 'Cociña de aldea: O restaurante como axente de cambio na comunidade rural' o domingo 18 ás 13:00 horas.

FERVE contará con oito tipos de talleres nos que o público pode participar previo rexistro na web www.estrellagalicia.es/ferve

  • O 'Taller Galicia Calidade', impartido en dúas ocasións, unha por Héctor López o sábado ás 12.30 e  e outra por Iñaki Bretal, será o domingo ás 12.00 horas.
  • O taller 'A que soa a túa cervexa?' terá dúas sesións o sábado, ás 11:30 e as 12:30 horas, ambas as impartidas por Victor Mantiñán.  
  • 'Tiraxe de cervexa by MEGA' será o sábado de 11:30 a 13:05 e de 20.30 a 22:00 e o domingo de 11:30 a 13:05 horas.
  • 'Como se fai La Estrella de Galicia, a nosa receita orixinal' terá 5 quendas o sábado e dúas quendas o domingo.
  • O xogo de 'Cata a cegas con Cervexas 1906' será o sábado 4 quendas (11:45, 12:45, 19:30, 21:30) e o domingo uno só, ás 12:15. 
  • O 'Roteiro da Colleita by MEGA' terá o sábado 6 quendas (11:30, 12:15, 13:00; 20:30, 21:15, 22:00) e o domingo 3 quendas (11:30, 12:15, 13:00)
  • O 'Taller Desperdicio Zero by Diego Guerrero' será o sábado ás 13:00 horas.