Guerra ao plástico na provincia

Pontevedra
05 de xuño 2018

Con motivo do Día Internacional do Medio Ambiente a Deputación de Pontevedra deu a coñecer a campaña 'Somos historias, somos sostibles', que levará ás praias da provincia, festivais musicais e festas de interese turístico para concienciar sobre a importancia de reducir o uso de plásticos

Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra
Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra / Alejandro Vila

Aproveitando a celebración do Día Internacional do Medio Ambiente, a Deputación de Pontevedra anunciou a posta en marcha dunha campaña para tentar reducir o uso de plásticos e a presenza de cabichas en lugares públicos.

Esta acción, articulada baixo o lema 'Somos historias, somos sostibles', desenvolverase durante o verán nas praias da provincia, nos Rías Baixas Fests e nas festas de interese turístico.

"O público realizará accións simbólicas e a cambio recibirá entradas para festivais o próximo ano e outros premios", explicou a presidenta provincial, Carmela Silva.

Enfocada cara ao turismo sustentable esta campaña contará con recursos humanos, coa contratación de tres monitores ambientais, e tamén materiais, con 50.000 envases de cartón para recoller cabichas ou pequenos residuos nas praias, catro soportes de imaxe para exhibir información ou gráficas, tres urnas  trasnparentes para o depósito de residuos ou 2.200 unidades de 'frisbees' personalizados coa imaxe da campaña e enfocados ao público máis novo. Ademais contarase cunha carpa de recepción desde a que se trasladará un chamamento á sociedade.

Segundo explicouse na comparecencia, a produción mundial de plásticos chegou en 2015 á cifra de 322 millóns de toneladas, coa previsión de que este volume siga crecendo nos próximos anos ata chegar mesmo a duplicarse.