A empresa Distribuciones Froiz, S.A faise cargo dende este xoves 2 de outubro da xestión do negocio de supermercados da compañía pontevedresa Moldes.
Con este acordo, os 27 establecementos que a compoñen (26 situados na provincia de Pontevedra e un na de Lugo) e o seu almacén loxístico do Marco (Pontevedra) pasarán a formar parte do Grupo Froiz.
Polo momento, non trascenderon as cifras económicas desta operación comercial que se levaba xestando desde hai tempo.
Para ambas as dúas empresas, segundo destaca Froiz, foi prioritario o mantemento do emprego. Aseguran que se respectarán todos os postos de traballo e as condicións laborais actuais dos 400 profesionais que compoñen o equipo de Supermercados Moldes.
FACTURACIÿN E REDE COMERCIAL
Froiz opera no mercado da alimentación dende o ano 1968 e encóntrase entre as 20 primeiras empresas do sector da distribución alimentaria a nivel nacional.
Froiz pechou o ano 2013 cunha facturación neta de 522 millóns de euros
Está presente nas comunidades de Galicia, Castela e León, Castela-A Mancha, Comunidade de Madrid e tamén no norte de Portugal.
Conta cunha rede comercial de 262 puntos de venda: 213 centros propios nos formatos supermercado, hipermercado e cash&carry; e 49 establecementos en réxime de franquicia.
Froiz pechou o ano 2013 cunha facturación neta de 522 millóns de euros, e un equipo de 4.250 traballadores. Co acordo alcanzado con Supermercados Moldes, a firma contará cunha facturación neta agregada de aproximadamente 590 millóns de euros, e un equipo de 4.650 traballadores.