Greenpeace presenta o documental "REinventando Pontevedra" no que sinala á Boa Vila como "exemplo a seguir"

Pontevedra
31 de outubro 2022

No Día das cidades a ONG demanda urbes a medida das persoas e non dos coches e sinala Pontevedra como exemplo a seguir

César Mosquera e Miguel Anxo Fernández Lores
César Mosquera e Miguel Anxo Fernández Lores / Greenpeace

Greenpeace presentou o documental "REinventando Pontevedra", no que veciños da cidade contan como é vivir nun lugar que reduciu o espazo ao coche para dar máis protagonismo ao peón e a bicicleta e que pon á Boa Vila como exemplo de urbanismo sostible a escala humana.

Con motivo do Día Internacional das Cidades esta ONG lembra que as urbes son responsables do 70 % das emisións de CO2 e que o seu modelo urbanístico, enerxético e alimentario provoca importantes impactos sobre o clima e a biodiversidade.

Estes días a organización está a percorrer varios municipios de España para achegar á cidadanía as enerxías renovables e o aforro enerxético e esixir aos concellos un compromiso coas enerxías limpas.

En pleno debate sobre a falta de ambición para establecer Zonas de Baixas Emisións (ZBE) nas urbes españolas, a organización ecoloxista destacou Pontevedra "a única cidade galega que cumprirá o requisito de implantar o seu ZBE a tempo" por levar dúas décadas traballando en reducir o tráfico nas súas rúas. Desde entón Pontevedra rexistrou unha importante redución das emisións contaminantes e os atropelos mortais han caído a cero.