Nesta nova entrega de "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar, imos preparar unha sinxela receita ideal como primeiro prato: Gratín de patacas con bechamel de cabala Pescamar.
Neste prato imos aproveitar todos os beneficios e bo sabor da cabala, un dos peixes azuis máis apreciados pola súa graxa e a súa achega en Omega 3.
Para cociñar un saboroso Gratín de patacas con bechamel de caballa Pescamar nesceitamos os seguintes ingredientes:
- 2 latas de Filetes de Cabala do Sur en aceite de xirasol Pescamar
- 2 patacas grandes
- 2 ovos cocidos
- 1/2 l de leite
- 70 g de manteiga
- 70 g de fariña
- sal
- pementa branca
- noz moscada
- queixo parmesano relado
Preparación:
Pelamos e cortamos as patacas en toros do tamaño similar ao que usamos para cociñar unha tortilla. Salgámolas e fritimos en abundante aceite. Cando estean feitas, colocámolas estendidas sobre unha fonte de forno. Reservamos.
Para preparar a bechamel, comezamos poñendo nunha tixola quente a manteiga. Cando estea derretida, agregamos a fariña e tostámola lixeiramente. Vertemos o leite aos poucos mentres remexemos para que se mesturen todos os ingredientes.
Cocemos a lume lento e seguimos removendo ata lograr unha salsa cremosa. A continuación, engadimos sal, pementa e noz moscada, ao gusto.
En último lugar, incorporamos o contido das latas de Filetes de Cabala do Sur en aceite de xirasol Pescamar, previamente escurrido, e mesturamos ben.
Picamos os ovos cocidos e repartímolos por enriba das patacas que reservaramos. Cubrimos coa bechamel e, por último, o queixo relado.
Introducimos a fonte no forno prequentado a 200 graos e gratinamos uns 15 minutos, ata que a superficie empece a dourarse.
Servimos na mesma fonte.
En dúas semanas, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.