O equipo de PontevedraViva recibiu unha calurosa benvida por parte dos cidadáns de Pontevedra, a súa comarca e as zonas de Umia, O Salnés, Arousa e O Morrazo, ás que dará cobertura informativa de aquí en diante.
O acto de presentación do xornal tivo o respaldo de arredor de 300 personas, entre as que se atoparon representantes dos máis diversos colectivos e sectores sociais.
Ante o aluvión de mostras de apoio recibidas tanto en persoa como vía telefónica e a través da internet o equipo de PontevedraViva agradece a confianza depositada e tentará cumprir coas expectativas xeradas.