El Gordo do sorteo extraordinario da Lotaría de Nadal repetiu sorte nO Grove cun cuarto premio.
Tras deixar dez décimos premiados do terceiro premio, o 48020, vendido nesta localidade, saíu agraciado cun cuarto premio.
Este cuarto premio, que supón 20.000 euros o décimo, vendeuse en la mesma administración, o número 1 da rúa Luís Seoane.
En total, vendeuse unha serie, de modo que se repartiron 200.000 euros. Segundo explican desde este despacho, agás un número que se vendeu por internet, o resto repartíronse en portelo.
Toda a serie vendeuse durante o mes de agosto, de modo que moitos dos agraciados poden ser turistas que repartiron a sorte polo resto de España.
A sorte deste 48020, cuarto premio, tamén salpicou a outra localidade da provincia de Pontevedra, Vigo.
En 2023, esta mesma administración converteu á localidade nunha das galegas máis agraciadas, ao vender 45 series do número 58303, agraciado cun segundo premio. Repartiu uns 56,2 millóns de euros.
Tamén en 2019 vendera o terceiro premio co número 00750.
--NOTICIA EN PROCESO DE ELABORACIÓN--