No campo público de golf da Fundación Monte Castrove lévase a cabo unha interesante iniciativa. Están a ofrecerse clases de iniciación ao golf para persoas con discapacidade física e mental.
O proxecto desenvólvese pola colaboración establecida entre a fundación e outras dúas organizacións, o club de golf "Chan do Fento" que son os encargados de controlar as actividades que se realizarán no campo de golf e tamén a Asociación "Alba", de Pontevedra.
As clases, cunha duración aproximada de entre 1-2 horas, son totalmente gratuitas e iniciábanse o 9 de marzo. Despois de cada quincena repítese a actividade para os asistentes. O profesional de golf e profesor titular do campo de Meis, Javier Gónzalez, foi o encargado de impartir a primeira clase.
Á primeira sesión acudiron aproximadamente unha ducia de persoas que sufrían algún tipo de disfuncionalidade física ou psicolóxica. O obxectivo da actividade é conseguir un desenvolvemento integral dos alumnos con discapacidade nun espazo aberto e ao aire libre.
Pero non todo é céspede e buracos, os participantes das clases de iniciación do golf tambien contan, ao mesmo tempo, doutras actividades nas zonas lindeiras. Os máis intrépidos desenvolven xornadas de sendeirismo na "Ruta da Pedra e da Auga", mentres que os máis tranquilos visitan o Mosteiro de Armenteira.