Gaspacho con atún claro en escabeche Pescamar

Pontevedra
06 de xullo 2024

A serie de "A cociña gourmet en conserva" ofrécenos unha receita refrescante para este tempo de verán, e coa que aproveitaremos todos os beneficios do atún claro e o delicioso sabor da súa presentación en escabeche

Gaspacho
Gaspacho / | chandlervid85 en Freepik

Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, ofrécenos unha receita refrescante para este tempo de verán: gaspacho con atún claro en escabeche Pescamar.

O atún claro é un peixe de sabor suave que destaca pola súa achega en proteínas de gran valor biolóxico e o seu alto contido en Omega-3. 

Para preparar un delicioso Gaspacho con atún claro en escabeche Pescamar, necesitamos os seguintes ingredientes (6 persoas):

- 2 latas de Atún Claro en escabeche Pescamar

- 1 kg. tomates maduros

- 1 pemento verde italiano

- 1 cogombro

- 1 dente de allo

- 2 rebandas de pan duro

- 50 ml. aceite de oliva virxe extra

- 25 ml. de vinagre

- 250 ml. de auga fría

- Sal

Preparación:

Pasamos os tomates pola batedora. Engadimos as rebandas de pan apenas uns minutos para que se abranden.

A continuación, incorporamos no vaso da batedora o dente de allo, ao que previamente retirariamos a parte central para evitar que repita, o pemento e o cogombro cortados en anacos, o sal, o aceite oliva, o vinagre e as dúas latas de Atún Claro en escabeche Pescamar co seu líquido.

Batemos todos os ingredientes.

Para servir, distribuímos o gaspacho en tazóns, decoramos cun resto do pemento e cogombro picados e un chorriño de aceite de oliva.

En dúas semanas os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña  gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.