O presidente da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE), Antonio Garamendi, foi o protagonista este venres en Pontevedra dun encontro organizado pola Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa da Provincia de Pontevedra (Aempe).
No salón de actos do Liceo Casino, Garamendi falou de competitividade e creación de talento e tamén de "intervencionismo" do Estado, acusando o Goberno e aos sindicatos de "romper" o acordo de convenios que as organizacións empresariais asinaron con CCOO e UXT en maio de 2023.
"Se pierde la confianza si los que han firmado contigo, un año y medio después, piensan que tienen al primo de Zumosol y te viene y te dicen: ‘no, no, ahora vamos a cambiar‘", manifestou Garamendi.
"Es como si en un partido de fútbol el árbitro lleva la camiseta del equipo de enfrente", engadiu o presidente da CEOE en referencia ao papel que xoga o Ministerio de Traballo nesta negociación.
"Lo que más nos preocupa y nos ocupa en este momento es la confianza", afirmou Antonio Garamendi, que argumentou que as empresas non poden operar senón contan cunha contorna predicible, desde o punto de vista político e, sobre todo, lexislativo.
Así denunciou que medidas como "los impuestos a la carta" sobre as enerxéticas ou a banca e outras subidas de custos adoptadas polo Goberno están a xerar moitos problemas ás empresas ou a última proposta trasladada polo Ministerio de Traballo para reducir a xornada laboral a 37,5 horas en 2025.
Segundo dixo, neste momento para España es necesario poner sobre la mesa las prioridades para todos los que formamos parte de este engranaje que mueve nuestra economía" e desde a CEOE consideran que "es fundamental avanzar con seguridad y confianza".
Garamendi valorou positivamente os datos dados a coñecer leste mesmo venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE) que mostran que o Produto Interior Bruto (PIB) creceu un 3,1% en taxa interanual, seis décimas máis que no primeiro trimestre do ano, e o Índice de Prezos de Consumo (IPC) baixou un 0,6% en setembro en relación ao mes anterior.
"Pero lo que hay que tener presente no es dónde estamos sino lo que tenemos que hacer para que vaya bien" e neste sentido o presidente da patronal sinalou aos empresarios pontevedreses a importancia de ler con detemento o 'Informe Draghi' e traballar na formación profesional, a innovación e a enerxía limpa.
Tamén falou do turismo, un sector que constitúe un dos principais motores da economía española e que o presidente da CEOE considera que hai que reorientar cara a un modelo de "calidade" en lugar dun enfocado unicamente na "cantidade".
E referiuse o presidente da CEOE á escaseza de talento, especialmente nas áreas de ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas, onde se está rexistrando un maior número de postos de traballo sen ocupar.