Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar cunha receita rápida e sinxela, ideal como aperitivo, e onde nos presenta unha orixinal maneira de degustar a ensalada de atún mediterránea Pescamar.
A ensalada de atún mediterránea Pescamar está elaborada cuns ingredientes que se adaptan á perfección a unha dieta saudable, entre os que destaca un 25% de atún e un 59 % de vexetais (cenoria, pemento vermello, cebola e chícharos). Todo iso aderezado con aceite de oliva, vinagre, auga, sal, pemento e azucre, esta última presente con menos dun gramo.
Para preparar unhas deliciosas Galletas salgadas con ensalada de atún mediterránea Pescamar, necesitamos os seguintes ingredientes:
- 1 lata de ensalada de atún mediterránea Pescamar
- 10 galletas salgadas redondas ou crackers
- 100 g de queixo cremoso
- 100 g de maionesa
- 10 olivas recheas de anchoa
- 1 limón
- pemento en especia
Elaboración:
Mesturamos a ensalada de atún mediterránea Pescamar co queixo cremoso e a maionesa nun bol ata que se fundan os ingredientes. Se se desexa, pódese esmagar cun garfo para que a mestura quede máis fusionada.
A continuación, picamos as olivas en anacos moi pequenos e engadímolos á mestura anterior ata que formen unha pasta consistente.
Incorporamos un pouco de zume de limón para gañar en cremosidade.
Colocamos as galletas salgadas ou crackers nunha bandexa e cunha culler imos repartindo a mestura por cada unha delas.
Por último, decoramos cun pouco de pemento en especia.
En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.