Galiza Nova programa actos sobre a loita LGTBI e Ence como aperitivo á Semana da Patria

Pontevedra
12 de xullo 2019

A agrupación comarcal de Galiza Nova en Pontevedra organiza durante os vindeiros días unha serie de actividades previas á conmemoración do día da Patria Galega  o 25 de xullo que incluirá actos centrados na defensa dos dereitos do colectivo LGTBI e na loita social contra a permanencia de Ence na Ría  

Jorge Vilariño e Marta Gómez
Jorge Vilariño e Marta Gómez / Cristina Saiz

A agrupación comarcal de Galiza Nova en Pontevedra organiza durante os vindeiros días unha serie de actividades previas á conmemoración do día da Patria Galega o 25 de xullo que incluirá actos centrados na defensa dos dereitos do colectivo LGTBI e na loita social contra a permanencia de Ence na Ría de Pontevedra. 

A responsable comarcal de Galiza Nova, Marta Gómez, e o responsable de Organización comarcal, Jorge Vilariño, presentaron este venres as actividades da que se bautizou como 'Semana da Patria Galega', que este no chega á súa terceira edición. 

Galiza Nova e o BNG organizan a 'III Semana da Patria Galega' con máis máis de 40 actividades en toda Galicia que teñen como obxectivo popularizar o Día da Patria galega e facer avanzar a conciencia nacional e patriótica entre a xente moza galega.

Os actos son de temática diversa e centrados nas problemáticas locais ou comarcais, de aí que en Pontevedra optaran por centrarse na continuidade de Ence. O día 22 de xullo organizarán un acto do que aínda non concretaron detalles en Poio.

A actividade será xusto fronte á factoría de Lourizán, do outro lado da ría, á altura da praia de Lourido, para reclamar a recuperación da Ría de Pontevedrá. Contará coa presenza do deputado do BNG Luís Bará. 

Seis días antes, o 16 de xullo, haberá un acto máis visual, a realización dun mural colectivo con temática LGTBI e reparto de información. Será a última hora da da tarde na praza da Peregrina e o mural resultante trasladarase o 24 de xullo ata Santiago de Compostela para o festival que se celebrará con motivo do Día da Patria.