Galicia rexistra un total de 1.697 casos activos por coronavirus

Pontevedra
20 de agosto 2022

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa este sábado que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.697, son 20 casos menos que onte venres

Persoal sanitario
Persoal sanitario / Xunta de Galicia

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa este sábado que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.697, son 20 casos menos que onte venres.

Destes casos activos 186 son persoas da área sanitaria de Pontevedra – O Salnés, 416 son da área da Coruña, 238 da de Lugo, 286 da de Ourense, 209 da área de Vigo, 226 da de Santiago e 129 da de Ferrol.

Convén destacar que a cifra de casos activos e de contaxios perdeu relevancia tras o cambio de criterios de diagnóstico, por iso é polo que o enfoque informativo céntrese nas persoas hospitalizadas. 

Así, baixou de 173 a 154 o número de persoas hospitalizadas en toda Galicia.

Do total de pacientes positivos con Covid-19, 9 están en UCI, 145 en unidades de hospitalización. 

O resto 1.543 contaxiados están nos seus domicilios. Por agora, en Galicia hai un total de 667.790 persoas curadas, rexistrándose 3.873 falecementos. 

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus tiveron lugar o pasado xoves día 18 de agosto e trátase dunha muller de 94 anos, na de Pontevedra e O Salnés e un home de 88 anos, na área sanitaria de Vigo. As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.

A incidencia a 14 días baixou a 70 e a incidencia a 7 días sobe a 32 casos por cada 100.000 habitantes. O número de PCR realizadas é de 3.968.751.070. O número de dose de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.720.065.