Os preto de 50.000 docentes que exercer o seu labor nos centros educativos de infantil, primaria e secundaria de Galicia xa teñen calendario de vacinación. Tras unha fase piloto, a Xunta de Galicia comezará a inmunizalos de xeito ordinario a partir de mañá.
A vacinación vaise a iniciar polos mestres menores de 55 anos, que recibirán a vacina de AstraZeneca. Os que superen esa idade recibirán a de Pfizer cando haxa unidades dispoñibles.
A previsión das autoridades sanitarias é que a administración da primeira das doses remate a finais do próximo mes de marzo.
Os docentes serán citados polas áreas sanitarias daqueles concellos onde se emprace o seu centro educativo e as inoculacións terán lugar nos diferentes hospitais da comunidade.
Irán recibindo a vacina por orde alfabético e non por centros, para que este proceso sexa "compatible", segundo o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, coa continuidade das clases e influír así "o menos posible" na atención educativa dos escolares.
Galicia é unha das primeiras comunidades autónomas en vacinar ao persoal educativo.
Polo de agora quedan fóra de este plan os docentes das tres universidades galegas, onde si se farán cribados, a partir deste sábado, ao conxunto dos estudantes ante o regreso ás clases presenciais, previsto para o próximo 1 de marzo.
Os alumnos serán citado no transcurso desta semana mediante un SMS, para acudir á realización dun test de antíxenos en dispositivos de alta capacidade.