Cunha altísima participación desenvolvíase este sábado o gran desfile do Entroido de Pontevedra.
Ás 17.00 horas iniciábase o percorrido en José Malvar e ata pasadas as 21.00 horas non terminaba o desfile na praza de España coa participación de numerosas comparsas e grupos de animación.
Tamén milleiros de persoas seguiron desde as beirarrúas o transcurso da comitiva polo centro da cidade.