Fuxida de clientes en NovaGalicia Banco, os afectados polas preferentes cancelan as súas contas

Pontevedra
24 de xullo 2013

Este xoves os afectados polas participacións preferentes e débeda subordinada retirarán de forma progresiva todos os fondos das contas que manteñen abertas en NovaGalicia Banco, segundo acordou a coordinadora de Plataformas de afectados. Calculan que só con que retiren os seus fondos os clientes aos que venderon preferentes e débeda subordinada, serán 1.200.000 euros os que sairán da antiga Caixa de aforros

Manifestación de apoio aos afectados polas preferentes
Manifestación de apoio aos afectados polas preferentes /

Este xoves os afectados polas participacións preferentes e débeda subordinada retirarán de forma progresiva todos os fondos das contas que manteñen abertas en NovaGalicia Banco, segundo acordou a coordinadora de Plataformas de afectados.

Calculan que só con que retiren os seus fondos os clientes aos que venderon preferentes e débeda subordinada, serán 1.200.000 euros os que sairán de NovaGalicia Banco.

Ademais están a organizar unha manifestación en Sanxenxo para o 10 de agosto, segundo comunicou o voceiro da plataforma do Baixo Miño, Xulio Vicente, "porque é onde veranea habitualmente ou presidente do Goberno, Mariano Rajoy, ainda que alugue unha casa en Ribadumia," explicou.

Ademais, os afectados estudan a posibilidade de promover un representante daqueles clientes aos que "forzaron a ser accionistas" dentro do consello de administración da entidade, ao representar aproximadamente o 9% do capital tras a oferta de compra voluntaria de accións do Fondo de Garantía de Depósitos.