Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos cociñar un 'fumet' con mexillóns gourmet Pescamar, un prato ideal como entrante nestes meses de frío. O termo 'fumet' refíerese a un caldo concentrado que resulta da redución dun líquido aromatizado no que se cociñan peixes e mariscos.
O mexillón é un molusco altamente nutritivo, grazas á súa achega en ferro, fósforo, vitamina B12 e omega 3. O seu baixo contido en graxas e alta porcentaxe de proteínas, convérteno nunha perfecta alternativa ás carnes vermellas.
Para preparar un delicioso 'Fumet' con mexillóns gourmet Pescamar, necesitamos os seguintes ingredientes:
- 2 latas de Mexillóns das Rías en escabeche con aceite de oliva gourmet Pescamar
- Restos de peixe (espiñas e carne de peixe sapo)
- Restos de mariscos (cacho e carne de gambas, lagostinos, cangrexos)
- Aceite de oliva
- 2 tomates maduros
- 1 cebola
- 1 dente de allo
- 1 allo porro
- 1 poliña de apio
Elaboración:
Para preparar o 'fumet', primeiro friximos lixeiramente a cebola, o allo e o tomate.
Cando estea listo o rustrido, engadimos os restos de peixes e mariscos e vertemos auga ata cubrir todos os ingredientes. Cocemos uns minutos.
Agregamos o allo porro e a poliña de apio, e seguimos cocendo ata que o caldo estea concentrado.
Transcorrido ese tempo, pasamos o contido da cazola polo coadoiro chinés, levamos de novo a ebulición e salpementamos.
Engadimos os Mexillóns gourmet Pescamar e unha parte da salsa escabeche que os acompaña ata acadar a consistencia que desexemos, máis líquida ou espesa.
Presentamos o 'fumet' nunha sopeira ou en cuncas individuais de consomé.
En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.