A empresa Froiz posiciónase entre as 50 empresas de España mellor valoradas polos seus equipos de traballo, de acordo con a clasificación realizada polo portal de selección de emprego Infojobs neste ano 2022.
Esta plataforma, líder de emprego en España, presentou os premios InfoJobs Awards, uns galardóns que valoran ás 50 mellores empresas de España polo seu talento e o traballo ben feito en recursos humanos.
Precisamente, o "xurado" destes galardóns son os empregados e ex empregadoes das distintas organizacións.
Nesta I edición, Infojobs recolleu a opinión de máis de 100.000 profesionais rexistrados no portal, e tivo en conta as súas opinións acerca de cada empresa e a nota media das valoracións achegadas polos empregados e ex traballadores.
A empresa Froiz, de acordo con esta clasificación, atópase posicionada dentro desta clasificación das 50 empresas de España mellor valoradas polos seus equipos de traballo.
En concreto, posiciónase no posto 34, compartindo clasificación con grandes empresas líderes no mercado español, nos seus respectivos sectores.
O Grupo Froiz conta cun portal de emprego, subscrito a Infojobs desde hai anos, unha ferramenta que conecta persoas e emprego.
A través deste portal, os solicitantes poden consultar as ofertas de traballo existentes, rexistrarse, cumprimentar e actualizar o seu CV en liña.
É un portal onde todos os datos son tratados conforme á lei de protección de datos persoais e unha ferramenta que permite aos técnicos de selección de persoal axustar perfís aos postos laborais ofertados.