Francisco J. Rodríguez, paciente oncolóxico: "Son o nome e o apelido dunha cifra á que ninguén quere ver"

Pontevedra
03 de febreiro 2023

A Asociación Española Contra o Cancro se concentró na Ferrería para facer un chamamento na loita contra a enfermidade baixo o lema "Todos Contra o Cancro"

O pacente oncolóxico Francisco J. Rodríguez le un manifesto na Praza da Ferrería / Álvaro Arosa Barco

Para conmemorar o Día Mundial Contra o Cancro que se celebra cada 4 de febreiro, reuníronse na Praza da Ferrería este venres ao redor de medio milleiro de persoas, segundo datos da Asociación Española Contra o Cancro. A celebración do acto incluíu a lectura dun chamamento por parte de Francisco J. Rodríguez, paciente do Servizo de Logopedia da Asociación.

O manifesto comezaba remarcando os datos previstos para o ano 2030, que estiman que un de cada dous homes e unha de cada tres mulleres terán cancro ao longo da súa vida para esa data. No chamamento, o paciente daba voz a esas cifras, afirmando que é o nome e o apelido dunha cifra á que ninguén quere ver.

A finalidade desta lectura era lograr que todas as cifras previstas para dentro duns anos se tomen como unha realidade e non só como números, aseguraban desde a Asociación. Por outro parte, tamén remarcaban a importancia de non mirar cara a outro lado e poder corrixir o futuro, chegando ao obxectivo de alcanzar un 70% de supervivencia nas persoas diagnosticadas con cancro no ano 2030.

Para logralo, Francisco J. Rodríguez afirmaba que ter hábitos de vida saudables en todos os ámbitos é fundamental, insistindo na importancia de afastarse do tabaco, xa que só esta substancia provoca o 30% dos casos de cancro.

Para concluír, a persoa encargada de ler o manifesto facía fincapé en realizarse todas as probas recomendadas para ter un diagnóstico precoz, como as mamografías, a proba de cervix, ou o test de sangue oculto en feces. Ademais, quixo dar importancia a colaborar coa Asociación Española Contra o Cancro para poder seguir investigando na loita contra a enfermidade.

A segunda parte do evento ocorreu tras a lectura do chamamento, cando unhas 500 persoas uníronse para formar un gran lazo verde ondeando globos e cartolinas desa cor. Todo iso ocorreu baixo o lema "Todos Contra o Cancro", mensaxe que se pode ler en varias marquesiñas da cidade e que dá nome á campaña da Asociación Española Contra el Cáncer neste 2023.

A coordinadora de voluntariado de misión e atención psicolóxica dentro da Asociación, Carmen García, tamén estivo presente no acto de "Todos Contra o Cancro". Seguindo a liña do manifesto lido previamente, a coordinadora quixo subliñar a importancia de tres piares fundamentais nos que centraron a atención este ano, que son a prevención, a detección precoz e a investigación da enfermidade.

Entre todas as asociacións e representantes que acudiron ao acto se atopan o voluntariado e os profesionais da Asociación, os colexios Calasancio, Doroteas e Los Sauces, a Asociación Amanecer, Asociación Alba, Asociación Frangil e a Asociación Vai Polo Río, Xuntos, Sisae, a Sociedade Ximnástica de Pontevedra e representantes políticos da cidade, entre outros colectivos.