O campus de Pontevedra ofreceu este xoves un acto de benvida para o estudiantado internacional que este curso se forma nas súas facultades.
Son en total 57 os estudantes de até 18 países que chegaron á cidade ao amparo do programa Erasmus+, de convenios bilaterais e doutras iniciativas de mobilidade.
Despois de acoller 18 alumnos e alumnas internacionais no primeiro cuadrimestre, o campus recibe nestes días 29 mozos que inician unha etapa formativa, e que se suman ao dez alumnos e alumnas que permanecen na cidade todo o curso.
Francia, con 11 alumnos e alumnas, é este curso o país con máis representantes no campus, seguido de México, con nove, e Arxentina e Italia, ambos os dous con seis.
Por centros, a Facultade de Comunicación recibe este curso 22 estudantes internacionais, mentres outros 14 fórmanse ou se formaron en Belas Artes. Ciencias da Educación e do Deporte acolle sete estudantes foráneos ao longo do curso e tanto Fisioterapia como Dirección e Xestión Pública cinco.
A Facultade de Deseño, con tres estudantes neste segundo cuadrimestre, e a Escola Universitaria de Enfermaría completan a relación de centros do campus con alumnado internacional.
O acto de benvida organizouse co obxectivo de presentarlles os diferentes servizos e as actividades que a Universidade de Vigo pon á súa disposición.
A vicerreitora do campus, Eva María Lantarón, foi a encargada de darlles a benvida "a unha das mellores universidades a nivel mundial, con moi bos recursos e moitas posibilidades que tedes que aproveitar", afirmou.
Ademés animoulles a que "non quededes só coa actividade académica" durante a súa estancia en Pontevedra.