Fracasa a concentración contra o cambio de nome da avenida Juan Carlos I

Pontevedra
15 de maio 2021

Apenas tres persoas secundaron esta protesta para demandar que o Concello rectificase esta decisión e mantivese o nome desta avenida co nome do rei emérito. Os carteis colocados na rúa para anunciar esta concentración non foron suficientes para que a cidadanía secundase esta convocatoria

Protesta contra o cambio de nome da avenida Juan Carlos I
Protesta contra o cambio de nome da avenida Juan Carlos I / Cristina Saiz

Un rotundo fracaso. Así foi a concentración convocada para este sábado polo cambio de denominación da avenida Juan Carlos I, xa  rebautizada como Virxinia Pereira Renda.

Apenas tres persoas secundaron esta protesta para demandar que o Concello rectificase esta decisión e mantivese o nome desta avenida co nome do rei emérito.

Os carteis colocados na rúa para anunciar esta concentración non foron suficientes para que a cidadanía secundase esta convocatoria.

O chamamento non o asinaba ninguén, pero entre os asistentes a esta protesta estaba o candidato de Vox á Alcaldía de Pontevedra nas últimas eleccións municipais, Manolo Torres; e o cidadán que presentou sen éxito un recurso pola nova denominación.