As fortes chuvias previstas para este sábado aprazan o desfile de Entroido en Monte Porreiro

Pontevedra
20 de marzo 2025

En Salcedo este sábado vai celebrarse o XI Festival de Murgas a partir das 18.00 horas

Desfile de entroido en Monte Porreiro
Desfile de entroido en Monte Porreiro / Diego Torrado

As malas previsións meteorolóxicas para este sábado 22 de marzo provocaron o aprazamento do Desfile do Entroido de Monte Porreiro.

A organización do evento, segundo informa o Concello de Pontevedra, decidiu pospoñer esta celebración a unha data que aínda está por determinar.

En todo caso, o Entroido segue vivo noutras parroquias do municipio.

A Sociedade Cultural Deportiva Salcedo mantén a celebración do XI Festival de Murgas que terá lugar este mesmo sábado 22 no Centro Social de Salcedo (Casa Verde).

Actuación do 'Equipo Ja' no Concurso de Murgas de Pontevedra
Actuación do 'Equipo Ja' no Concurso de Murgas de PontevedraMónica Patxot

O evento comezará ás 18:00 horas e contará coa participación de catro agrupacións: Equipo Já, A Murga do Naveiro, Murga Val do Lérez, participantes habituais no certame do Entroido que se celebra no Pazo da Cultura, e Cantos de Taberna.

A entrada ao festival será gratuíta.