O número inscritos no servizo de emprego público (SEPE) deixou un forte incremento en municipios coma Pontevedra (138 desempregados mais), Sanxenxo (195), O Grove (144) e Vilagarcía (285).
Na provincia subiu en 2.451 persoas durante o mes de outubro na provincia de Pontevedra.
Esta cifra supón un aumento do paro no 3,81% no último mes, ata facer un total de 66.712 desempregados na provincia.
Con todo, estes datos contrastan coa comparativa anual, na que Pontevedra é a provincia galega na que máis descendeu o número de demandantes de emprego, un 10,21% (7.589 persoas) durante os últimos 12 meses.
En canto aos números a nivel autonómico, o paro subiu en Galicia durante o mes de outubro en 3.424 persoas (un 2,06%), o que deixa en 169.744 as rexistradas nas oficinas de emprego.
A taxa interanual na comunidade descendeu un 8,69% con respecto a outubro de 2017, o que supón 16.159 demandantes de emprego menos que hai un ano.
Outubro | Setembro | Variación | |
Pontevedra | 5.726 | 5.588 | 138 |
Barro | 254 | 244 | 10 |
Bueu | 754 | 720 | 34 |
Caldas de Reis | 663 | 641 | 22 |
Cambados | 924 | 859 | 65 |
Campo Lameiro | 121 | 123 | -2 |
Cerdedo-Cotobade | 315 | 313 | 2 |
Cuntis | 281 | 272 | 9 |
O Grove | 784 | 640 | 144 |
A Illa de Arousa | 279 | 251 | 28 |
A Lama | 159 | 141 | 18 |
Marín | 1.657 | 1.577 | 80 |
Meaño | 335 | 278 | 57 |
Meis | 351 | 300 | 51 |
Moraña | 280 | 286 | -6 |
Poio | 1.098 | 1.031 | 67 |
Ponte Caldelas | 509 | 472 | 37 |
Portas | 182 | 165 | 17 |
Ribadumia | 312 | 264 | 48 |
Sanxenxo | 1.070 | 875 | 195 |
Vilaboa | 361 | 368 | -7 |
Vilagarcía de Arousa | 3.160 | 2.873 | 287 |
Vilanova de Arousa | 708 | 648 | 60 |