Foodtrucks e degustacións de produtos do mar en catro puntos de Sanxenxo

Sanxenxo
01 de agosto 2024

A campaña “Galicia sabe amar” comezou este 1 de agosto en Sanxenxo, coa presenza de foodtrucks en catro localizacións: Praza dos Barcos, parque de Panadeira, Praza Pública de Vilalonga e mercado de abastos de Portonovo

Campaña 'Galicia sabe amar' en Sanxenxo
Campaña 'Galicia sabe amar' en Sanxenxo / Concello de Sanxenxo

A campaña “Galicia sabe amar” comezou hoxe en Sanxenxo, coa presenza de foodtrucks en catro localizacións: Praza dos Barcos, parque de Panadeira, Praza Pública de Vilalonga e mercado de abastos de Portonovo.

O conselleiro de Mar, Alfonso Villares, xunto co alcalde Telmo Martín e outros representantes do goberno, inaugurou a actividade que ofrece degustacións gratuítas con produtos do mar e da terra.

O obxectivo da campaña é promocionar a calidade dos produtos pesqueiros galegos.

O conselleiro subliñou que Galicia conta con máis de 60 lonxas e 300 produtos diversos, destacando a importancia do peixe como fonte de proteína de baixa pegada de carbono e hídrica.

ARTESANÍA DE GALICIA NUNHA TENDA EFÉMERA

A Xunta de Galicia tamén inauguraba este xoves a Summer Shop Artesanía de Galicia & D-Due, unha tenda efémera que estará aberta até finais de agosto na rúa Luis Vidal Rocha nº 6.

Esta iniciativa, que celebra o seu cuarto ano consecutivo, amosa unha selección de produtos de 28 obradoiros artesanais galegos en 17 oficios diferentes, que van desde a olería e a cerámica ata a cestería e a moda.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, destacou a colaboración coa marca de moda galega D-Due para promover a alta calidade e o talento artesanal da rexión.

A tendapermanecerá aberta de luns a sábado en horario de 10:30 a 14:30 h e de 16:30 a 20:30 horas.