Veciños afectados pola construción da subestación eléctrica da AVE en Bértola, xunto a representantes de Concello de Vilaboa e Comunidade de Montes, reuníronse este martes con persoal do Ministerio de Fomento, Red Eléctrica Española, Xunta e Deputación na Subdelegación do Goberno de Pontevedra.
Nesta reunión o Ministerio anunciou aos afectados por esta instalación que manterá a subestación na parcela que xa se elixira, propiedade de Red Eléctrica, pero ao mesmo tempo decidiu enterrar o cableado para minimizar o seu impacto ambiental.
Os veciños levan meses protestando contra a subestación ao considerala danosa contra a saúde por "estar situada a escasos metros de las viviendas", ademais de afectar ao patrimonio do municipio, como pode ser a ruta do Camiño de Santiago.
Ante estas queixas o secretario xeral de Infraestructuras, Manuel Niño, anunciou a decisón de enterrar os cables e estender o protocolo a calquera futuro tendido eléctrico que poida chegar á instalación no futuro, entendendo que "eso debería satisfacer las peticiones de los ciudadanos del municipio de Vilaboa".
Pola súa banda, o delegado rexional de Red Eléctrica Española, Carlos González, asegurou que a subestación de Bértola conta con todas as autorizacións necesarias e "es la que menor impacto medioambiental y visual causa porque está a pie de línea y es compacta".
Esta propostasen embargo non resultou do agrado do alcalde, o socialista José Luis Poceiro, asegurando que "no es nuestra propuesta y no nos gusta", mentres o tenente do alcalde, a nacionalista Ornela Salgado, si valorou o "paso adiante" ao defender que "cederon na súa intención inicial".
Con todo a postura municipal estará vinculada á decisión dos afectados, que teñen previsto reunirse na noite deste martes para estudar a proposta na asemblea parroquial.