Fiscalía pide todos os expedientes relativos ás obras de Pasarón

Pontevedra
15 de maio 2014

O fiscal xefe, Juan Carlos Aladro, confirmou que  a denuncia presentada por Agustín Fernández a título individual xa está  "leída, registrada e incoada" e pediuse información adicional 

Estadio de Pasarón
Estadio de Pasarón

A Fiscalía da Audiencia Provincial de Pontevedra requiriu ás distintas Administracións implicadas na obras de reforma do estadio dePasarón toda a documentación relativa aos traballos co obxectivo de ampliar a información que achegou o concelleiro de Deportes e secretario xeral local do PSdeG-PSOE en Pontevedra, Agustin Fernandez, na súa denuncia polo sobrecoste na actuación.

O fiscal xefe, Juan Carlos Aladro, confirmou que  a denuncia presentada por Agustín Fernández a título individual xa está  "leída, registrada e incoada".

Tras revisar a denuncia, abriron dilixencias e nun escrito datado o martes 13 de maio e entregado este xoves 15 de maio solicitaron todo o expediente das obras. Aladro recoñece que a denuncia do concelleiro socialista é "incompleta" e queren ter toda a información necesaria para poder determinar se a xestión da obra pode ser constitutiva dalgunha irregularidade ou delito.

Agustín Fernández denunciou que o sobrecusto das obras pasou dos 7,2 millóns polos que se adxudicou a 17,9 millóns, un desfase que considera unha "sinvergüenzada".