O Concello de Pontevedra finalizou recentemente os traballos de mantemento e recuperación do parque infantil de Luis Otero, situado nas proximidades do Estadio Municipal de Pasarón.
Os traballos, coordinados pola área de Parques e Xardíns, dirixida polo concelleiro Xaquín Moreda, incluíron a limpeza xeral do parque, a reparación e pintado do valado perimetral, a corrección da altura do material de amortecemento nas zonas de impacto e a restauración dos xogos infantís.
En particular, leváronse a cabo reparacións no túnel multixogo e na torre tobogán, ademais da reubicación do xogo de barquiño e a eliminación dun xogo de trepa para axustarse á normativa vixente.
Tamén se realizaron outras tarefas de mantemento, como a substitución de tapóns e usideros, o apretado de tornillería e a instalación dun novo panel informativo.
Este proxecto tiña como obxectivo garantar a seguridade e o benestar dos máis pequenos, despois de diversas queixas veciñais polo estado en que permanecía este espazo de lecer.
A actuación, que contou cun investimento de 8.572,85 euros, forma parte dun plan máis amplo de mellora e mantemento de 57 parques infantís en toda a cidade, que anunciara o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores.