Finaliza a campaña en TikTok sobre a biografía de mulleres pontevedresas

Pontevedra
10 de decembro 2022

O programa A Memoria das Mulleres iniciou este ciclo no mes de abril, contando coa participación das creadoras de contido María Rüa, Helena Lópèz e Sara Seco

Vídeo de Helena López (@cousasrarismas) sobre Concepción Arenal en TikTok
Vídeo de Helena López (@cousasrarismas) sobre Concepción Arenal en TikTok / TikTok @cousasrarismas

En abril comezaba o programa A Memoria das Mulleres, ciclo de creación e divulgación de propostas audiovisuais protagonizadas por creadoras de contido de Galicia e publicadas na plataforma TikTok. Este programa impulsado pola concellería de Patrimonio Histórico chega agora á súa fin.

Durante estes meses, María Rúa (@pradorua), Helena López (@cousasrarismas) e Sara Seco (@sarasecorial) divulgaron biografías de mulleres que forman parte da web Do gris ao violeta.

A última peza foi elaborada por Helena López recollendo un resumo da vida de Concepción Arenale o vídeo iníciase coa frase "Abride escolas e han pechar os cárceres", cita histórica da escritora e experta en dereito galega.

Tamén se lembra a escena en que Concepción Arenal vestiu de home para poder cursar estudos superiores e posteriormente desempeñar o seu traballo como funcionaria de prisións mentres exercía un significativo activismo social para axudar as persoas máis desfavorecidas.

Ao longo de toda a campaña publicáronse oito vídeos. Xaquín Moreda, concelleiro de Memoria Histórica, afirma que a intención desta iniciativa era achegar ao público xuvenil estes contidos a través de novos espazos dixitais.

O cancelo #AMemoriaDasMulleres suma en TikTok un total de 155.000 reproducións e varios vídeos viralizáronse sendo compartidos tamén en Twitter ou en Youtube.