Final da semana grande das festas da Peregrina por todo o alto

Pontevedra
22 de agosto 2022

Os fogos eran lanzados entre a ponte do Burgo e a ponte de Santiago pola empresa pirotécnica Xaraiva. Este luns célbrase a xornada infantil con descontos nas atraccións da festa e co concerto ás 22.30 horas na praza de España do cantante asturiano Víctor Manuel

Fogos do fin das Festas da Peregrina
Fogos do fin das Festas da Peregrina

Chegou a fase final das celebracións festivas co lanzamento dos fogos artificiais de peche da semanagrande das Festas da Peregrina.

Como xa se realizou noutras ocasións ao longo destes días, a tirada realizábase entre a ponte do Burgo e a ponte de Santiago. Nesta ocasión, a empresa encargada de dar cor á noite era a pirotécnica Xaraiva ofrecendo espectaculares xogos de luz que iluminaban a cidade. Numerosas persoas achegáronse aos arredores do Mercado de Abastos para seguir, tanto de pé como sentadas nas beirarrúas, a iluminación pirotécnica co seu potente son.

De todos os xeitos, as festas terán este luns unha xornada especial para o público infantil co día dedicado aos máis pequenos con prezos reducidos nas atraccións instaladas na contorna da Alameda.

Tamén a praza de España acollerá o concerto do artista asturiano Víctor Manuel, que ofrece o espectáculo do seu Tour 75 aniversario. Baixo o subtítulo 'La vida en canciones', Víctor Manuel resume longos anos de cancións e estrada con versións de 'El abuelo Vítor', 'Paxarinos', 'Solo pienso en ti' ou 'Nada sba tan dulce como su boca', entre outros éxitos da súa dilatada carreira. 

O concerto comeza ás 22.30 horas con entrada libre