A partir do próximo sábado 5 de marzo, en toda España termina a obrigación de facer corentena para todos os contactos estreitos dos casos positivos de covid-19 e só terán que manter o illamento as persoas con positivo.
Así o acordou este martes a Comisión de Saúde Pública, da que forman parte as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade.
Ata o de agora debían gardar corentena as persoas non vacinadas, pero a partir desta fin de semana desaparece esta medida, que se notará en especial nos colexios, ao ser os menores unha poboación na que non todos recibiron xa a pauta completa de vacinación.
De todos os xeitos, a Comisión recomenda aos non vacinados que "extremen as precaucións e reduzan todo o posible as interaccións sociais" durante os 10 días posteriores á última exposición.
Ademais, para este colectivo mantense a recomendación de uso constante a máscara e e hixiene adecuada de mans e sinálase que "especialmente se debe evitar o contacto con persoas vulnerables", aclara o Ministerio.