Chegamos a unha nova entrega de"A cociña gourmet en conserva", coa calidade de sempre das Conservas Pescamare un dos produtos estrela da cociña atlántica: o mexillón.
O mexillón é un molusco altamente nutritivo, grazas á súa achega en ferro, fósforo, vitamina B12 e omega 3. Caracterízase ademais polo seu baixo contido en graxas e alta porcentaxe de proteínas.
Para preparar uns deliciosos Fideos á salsa de sésamo con mexillóns ao natural Pescamar, precisamos os seguintes ingredientes:
- 250 g. de fideos
- 1 lata de Mexillóns ao natural das Rías Galegas Pescamar
- 8 langostinos
- 1 cullerada de aceite de oliva
- 1 cullerada de fariña
- cuarto litro de caldo de peixe
- 1 folla de loureiro
- 1 cebola pequena
- 1 dente de allo
- 1 pemento vermello
- 1 tomate
- sal
- pementa branca
- alfábega picada
- pirixel picado
- sementes de sésamo
Ingredientes para a salsa de sésamo:
- 8 culleradas de salsa de soia
- 2 culleradas de vinagre de arroz
- 2 culleradas de aceite de sésamo
- ½ culleradiña de xenxibre fresco relado
Preparación:
Picamos a cebola e o pemento e os pasamos polo aceite de oliva. Engadimos o allo tamén moi picado, o tomate e alfábega e pirixel ao gusto.
Cando a mestura estea sofritida, incorporamos a fariña, removendo rapidamente durante uns 3 minutos, evitando que se torre.
Vertemos aos poucos o caldo de peixe sen deixar de remover. Salpementamos ao gusto.
Agregamos a lata de Mexillóns ao natural das Rías Galegas Pescamar, ademais dos langostinos pelados e a folla de loureiro. Deixamos cocer durante 5 minutos. Reservamos.
Preparamos a salsa de sésamo: mesturando a salsa de soia, o vinagre de arroz, o aceite de sésamo e o xenxibre relado. Servimos a salsa nun cunco.
Mentres tanto, poñemos tamén a cocer os fideos. Cando alcancen o punto "ao dente", procedemos a escorrelos e colocámolos nun wok a lume baixo. Botamos a salsa de sésamo por riba e remexemos ata que estea fusionada cos fideos.
Pasamos a pasta a unha bandexa, recubrimos coa mestura que reservaramos e adornamos cunhas sementes de sésamo.
Nunha quincena, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.